[ENTREVISTA] Sweet Lemon Days, unha nova agrupación musical da ría, actuará o Sábado en Outes

Entrevistamos a Sweet Lemon Days, unha nova agrupación musical na nosa ría que está conformada por xente xoven.

P: Quen sodes actualmente os integrantes do grupo?
R: Ahora mismo a banda consta de cinco membros: Daniel Ventoso, voz e guitarra (Noia); Daniel León, guitarra (Esteiro); Agustín Carou, baixo (Outes); Elías Fernández, batería (Muros); Patricia Vilaboa, piano (Portosín).

P: En que estilo musical vos encadrades?
R: Traballamos distintos xéneros ao redor do Rock, desde Indie Rock hasta Alternativo.

P: De onde sae o nome de Sweet Lemon Days?
R: O nome de Sweet Lemon Days ocurréusenos pensando naqueles días nos que un se sinte mal pero por algún motivo encontra algo polo que sorrir e que nos motiva.

P: Tedes influencias doutros artistas ou grupos? Quen?
R: Todos os da banda temos distintas influencias e é algo que tratamos de plasmar nos temas; dende Led Zeppelin ata Red Hot Chili Peppers, pasando por Queen, Vetusta Morla e Love of Lesbian, un pouco de todo.

P: Canto tempo levades xuntos? Hai visión de seguir a longo prazo?
R: Actualmente levamos pouco máis dun ano xuntos e todos estamos nun ambiente de traballo moi positivo e agradable polo que estamos motivados a seguir con esto tanto como poidamos.

P: Escribides as letras en conxunto ou tedes un compositor específico?
R: Polo xeral o compositor son eu (Daniel Ventoso) aínda que a nosa dinámica de traballo básase en preparar un proxecto e madurar a idea co resto da banda.

P: Que queren dicir as vosas letras?
R: O significado das cancións varía dunha a outra, como é normal, pero en Juice, que é o álbum no que estamos traballando actualmente a maioría das letras tratan sobre os nosos propios medos e as inquietudes; dende medo a crecer ata medo ao aislamento.

P: Por último, cal é o voso próximo concerto?
R: O noso próximo concerto será o día 5 no Café Concerto Antano de Outes, á 1 da madrugada (A noite de Reis). Estámoslle poñendo moito empeño e moito traballo duro para que todo saia como queremos.

Podes seguir á banda nas súas redes: Instagram ou Facebook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *