Medio millón de euros para unha glorieta en Portosín

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou este martes as obras do que será unha grande e nova glorieta nunha das interseccións mais perigosas de Portosín. A actuación execútase nun marco de obras e melloras para aumentar a seguranza vial que está a desenvolver a Xunta. Dende a consellaría afirman que é fundamental eliminar un punto de concentración de accidentes e calmar a circulación nun tramo do trazado que rexistra gran volume de tráfico.

A glorieta estará nun punto estratéxico no que coinciden o vial AC-550 e o que leva á igrexa e ao peirao. A conselleira aproveitou a visita para anunciar que a obra estará rematada antes do verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *