O 10 de xaneiro remata o prazo para a “Campaña de inverno 2019” que desenvolve a Deputación en Outes e Muros

A Deputación desenvolve este ano a súa campaña de inverno na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Outes ofertou 4 prazas.

A campaña consiste na estadía, durante catro días (22/02/2019 ate 25/02/2019), con aloxamento, clases de esquí, seguros e alugamento de material ou calquera outro gasto que ocasionen as actividades programadas. O transporte dende a comarca está tamén incluído.

Nesta campaña poden participar os rapaces e rapazas de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro do 2019), debendo aboar 85€ coma cota de participación.

Para inscribirse ou solicitar información os interesados deberanse dirixir ás oficinas do concello, rematando o prazo mañá 10 de xaneiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *