Xornadas en Porto do Son sobre como planificar a busca de emprego

O Concello de Porto do Son celebrará o vindeiro 31 de de xaneiro, unha xornada de emprego na que o tema a tratar será “Cómo planificar e organizar a túa busca de emprego?”

Esta xornada é de balde, de dúas horas de duración e terá lugar nas aulas do Viveiro de Empresas de Porto do Son. As persoas interesadas adquirirán a información e os coñecementos necesarios para facer unha correcta planificación e organización do seu proceso de busca de emprego.
Para participar nesta sesión, os interesados deben facer a súa incrición no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *