O PSdG do Son pide á Xunta que faga un reparto xusto para os concellos

-Na imaxe o presidente da deputación, Valentín González (PSdG), e o responsábel de turismo, Xosé Regueira (BNG)-

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son rexistrou o pasado mes de decembro unha moción co obxecto de demandar do Goberno Galego un reparto xusto dos fondos dirixidos ás entidades locais, como xa se fai dende a Deputación Provincial da Coruña co-gobernada polo PSdG e BNG.

O grupo socialista do Son asegura que durante os últimos 2 anos, a Xunta repartiu “a dedo” e con criterios pouco obxectivos mais de 22.5 millóns de euros. Afirman que urxe mudar estas políticas para que os concellos non teñan que “esmolar” as achegas que lles corresponden.

Dende o PSdG do Son, así coma o PSdG da provincia, propoñen que os fondos destinados aos concellos se repartan de xeito obxectivo igual que xa se fai co Plan Único da Deputación Provincial da Coruña, dende que está en mans do bi-partito PSdG-BNG, en base a criterios como a poboación, superficie, número de parroquias ou o esforzo fiscal de cada concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *