Últimos datos de poboación: 251 habitantes menos na nosa ría, Outes e Muros os que mais perden

O INE ven de publicar os últimos datos de poboación públicos dos padróns municipais que corresponden ao 1 de xaneiro do 2018. Todos os concellos da nosa ría perderon poboación entre o 2017 e o 2018 polo que se sumamos estas perdas obtemos que, neste período, perdimos 251 habitantes na nosa ría.

Padrón municipal por concello entre 2017 e 2018

En tan só un ano perdéronse: 102 habitantes en Outes, 97 habitantes en Muros, 28 habitantes en Porto do Son e 24 habitantes en Noia. Estas cifras son especialmente preocupantes no eixo norte da nosa ría, é dicir, Muros e Outes. A suma dos dous concellos aporta case o 80% da perda total na nosa ría.

Estas perdas debense a moitos factores a ter en conta, o principal posiblemente sexa a perda xeral de poboación que temos no noso país polo avellentamento progresivo da poboación. A segunda causa de maior importancia na nosa ría é a emigración da poboación xoven e activa que no concello ao que mais afecta, Outes, representa o mais do 27% do total e o 1,5% anual.

Neste segundo baremo, como ben diciamos, Outes mantense á cabeza cunha taxa do 27% na emigración, séguelle Muros cun 18%, Porto do Son cun 16% e Noia cun 13%.

Poboación residente no estranxeiro

No caso dos nacementos e defuncións obtemos os seguintes datos:

Nacementos, defuncións e saldo vexetativo.

Fontes: IGE e INE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *