Terra de Outes presenta o seu novo número, o 45

O pasado 19 de xaneiro a Asociación Cívico-cultural Terra de Outes celebrou a súa asemblea xeral ordinaria, no local social da parroquia de Outes. Entre outros asuntos, presentouse alí o plan anual de actividades para o presente 2019, cun destacado papel para a súa sección mariñeira, cuxas cinco embarcacións tradicionais participarán en diversas navegacións e encontros marítimos.

A directiva desta asociación vén de ser reelixida e está composta por: Xoán Mariño, presidente; Lidia Vicente, vicepresidenta; Paz González, tesoureira; Ramón Blanco, secretario; e os vogais Xosé Manuel Vázquez, Xesús Mato e Vicente Abelleira.

Unha vez rematada a asemblea os socios compartiron un xantar no mesmo local. Na sobremesa presentouse o número 45 da revista homónima desta sociedade. A publicación ocúpase de temas moi diversos, sobre todo de ámbito local, entre os que salientan os de contido histórico e os textos de opinión. Ademais das seccións habituais, a publicación ofrece unha entrevista coa mestra xubilada Marisol Nieto Mallo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *