O BNG de Porto do Son solicita que se cumplan as obras xa prometidas

O BNG de Porto do Son ven de presentar no rexistro do concello un escrito demandando a inclusión dunha serie de obras nos orzamentos municipais para o presente exercicio. Son actuacións menores que xa foran prometidas no seu día polo concello e que suporían unha notable mellora tanto nas parroquias como no casco urbano de Porto do Son e Portosín.

Entre esa relación de obras destacan actuacións en materia de sinalización como a demandada en San Pedro de Muro xunto coa ampliación do aparcadoiro do cemiterio. Tamén a adecuación de vías de comunicación e accesos na meirande parte das parroquias.

Demandan ademais o ensanchamento da estrada de Nebra, a dotación de beirarrúas de sentido único no Camiño Vello en Portosín, actuacións de saneamento en Miñortos e a dotación de acceso para persoas con mobilidade reducida da casa da cultura de Baroña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *