Exposición de pintura na Casa da Cultura de Outes

A partir do 25 de xaneiro podese visitar, na Casa da Cultura de Outes, a exposición “Música Botánica” de Mercedes Carrillo.

A mostra está composta por unha vintena de cadros de pequeno formato, creados por medio de diferentes técnicas, sobre todo acuarelas e pastel, e nos cales esta artista autodidacta combina textos e imaxes.

A exposición estará dispoñíbel dende o 25 de xaneiro ao 25 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *