As fotografías de Ruth Matilda Anderson no Liceo de Noia dende o 1 de febreiro

Unha escolma das fotografías da famosa artista Ruth Matilda Anderson estarán á vista de todos os visitantes do liceo de Noia dende o 1 de febreiro ao 3 de marzo.

Esta exposición estará composta polas fotografías da artista que tomou durante unha serie de viaxes polo noso país onde recolle as costumes e a vida cotiá da Galiza a mediados do século XX. De todas as súas imaxes, 13 recollen a vida na vila Noiesa polo que declaran que será de grande interese para a veciñanza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *