Primeira andaina na Ría da Estrela de Senda XXI o vindeiro 3 de febreiro

A primeira andaina solidaria da serie “Ría da Estrela” que organizará a asociación “Senda XXI” terá lugar en Porto do Son o vindeiro 3 de febreiro. Nesta ocasión o 50% diñeiro obtido a través das inscricións será doado á AECC de Porto do Son.

Esta andaina ten coma característica o seu recorrido circular de 25km ou lineal de 10km. A organización recomenda levar mochila pequena. Todo aquel interesado poderá inscribirse no Departamento de deportes de Porto do Son.

Mais información: https://www.facebook.com/events/444793822722541/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *