Andaina solidaria a favor da plantación de árbores autóctonas e protesta en contra da caza do raposo en Muros

Unhas sendeiristas denuncian que o pasado sábado 26 mentras percorrían a senda solidaria a favor da plantación de árbores autóctonas que se estaba desenvolvendo nos montes de Carnota e Muros ao mesmo tempo que o “concurso” de caza do raposo, un dos cazadores participantes do “concurso” seguía coa escopeta, en posición de disparo, unha vez esgotado o tempo de caza estipulado no permiso emitido pola Xunta de Galicia.

Estas sendeiristas pasaban pola senda cando o cazador disparou ao aire a escasos 10 metros de onde elas estaban pasando. Ademais, afirman, había unha patrulla de Gardas na parte de arriba do camiño “e non lle deron un aviso ao cazador nin viñeron falar connosco”. As mozas gravaron a disputa posterior ao disparo cun dos móbiles.

A isto uniuse unha ampla protesta en contra da masacre ao raposo patrocinada por parte da xunta de galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *