Pedro Sánchez convocará eleccións xerais para o 28 de Abril, menos dun mes antes das municipais e europeas

O presidente do estado español, Pedro Sánchez, ven de anunciar que convocará eleccións xerais ás cortes do estado para o vindeiro 28 de abril do 2019.

Esta noticia faise uns días despois de perder no congreso dos deputados de Madrid o apoio suficiente para aprobar os orzamentos do estado. Isto, sumado con outras crises do goberno e coa manifestación da ultra-dereita o pasado domingo en Colón fixo que o presidente dera un paso atrás e adiante a convocatoria electoral do estado.

Esta convocatoria repentina terá lugar o 28 de abril sendo que, o 26 de Maio son as eleccións europeas e municipais. Todo indica a que se aveciñan uns meses cargados de política.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *