O BNG de Noia critíca as falsas promesas electorais na visita da conselleira de Medio Ambiente á vila

O BNG de Noia criticou, nunha nota de prensa desta semana, as falsas promesas electorais na visita da conselleira de Medio Ambiente á vila.

Nela sinalan que “Quen adoite seguir os distintos procesos electorais, e nomeadamente os municipais, logo constatará cal é o proceder do Partido Popular.” indican que este proceder consiste en “presentarse diante da cidadanía como membros dunha estrutura política que detenta o poder na Galiza, e a simple pertenza a esa estrutura, será dabondo para que a Administración galega teña, no futuro, un comportamento “especial” se o grupo local accede á alcaldía do lugar do que se trate.”

Segundo din, na recente visita da conselleira, anunciouse a inminente licitación dunha actuación na Praza das Américas, en San Lázaro. O BNG pregúntase se realmente é necesario contar coa presencia dunha Conselleira para anunciar a remodelación dunha rotonda ou a construcción dunhas beirarrúas. Tamén aproveitan a nota para sinalar que require unha mención a parte que o “séquito institucional da directora xeral de ordenación do territorio e urbanismo” veu a Noia coas mans baleiras no canto de traer unha aprobación definitiva do PXOM.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *