Manolo Seijas repitirá como candidato pola Marea Cidadá de Noia

A Marea Cidadá de Noia ven de concluír as súas primarias para a elección de candidatura de cara ás vindeiras municipais do 26 de Maio. O resultado deu por respaldada a candidatura de Manolo Seijas á reelección coma candidato, a única.

No proceso participaron un total de 80 persoas das que 60 (O 75%) avaliaron a Manolo Seijas coma candidato á alcaldía de Noia pola Marea. Na súas declaracións asegura que se presenta para “mellorar o resultado obtido nas pasadas eleccións do 2015 e conseguir un cambio de goberno para a vila noiesa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *