Eutanasia e o dereito a morrer dignamente, conferencia en Outes

Este xoves, 28 de febreiro, ás 18:30 terá lugar no Centro Social de Outes unha conferencia de Terra de Outes, enmarcada nas XIII Xornadas de información socio-sanitaria, unha charla sobre a eutanasia e o dereito a morrer dignamente.

O conferenciante será Miguel Bieito Villar (Especialista en dereito sanitario e membro do comité ético da área sanitaria de Santiago de Compostela). O acto será coordinado, coma sempre, polo Dr. de atención primaria D. Xosé Dios Diz.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *