A Marea de Noia levará ao parlamento o impago do bono concilia

A formación noiesa ven de anunciar que porá en coñecemento do Grupo Parlamentario de En Marea o atraso nos pagamentos por parte da Xunta de Galicia.

Tras constatar, segundo afirman, o impago dos dous últimos meses do coñecido como Bono Concilia, a Marea Cidadá de Noia buscará darlle unha solución levando a cuestión ó Parlamento Galego.

Dende a marea de noia tamen afirman que “o Bono Concilia é unha axuda fundamental para todas aquelas familias con fillos e fillas de 0 a 3 anos que residen en localidades que non contan cunha escola infantil pública, especialmente aquelas de baixos recursos.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *