Nace o Xornal da Estrela. Unha iniciativa para a información local da ría de Muros-Noia que pretende achegar as ferramentas da comunicación á cidadania.

Este proxecto é un traballo cívico, público e sen ánimo de lucro. O Xornal da Estrela ten coma meta ofrecer unha alternativa informativa á cidadanía da nosa ría. O noso ámbito de traballo será, nun primeiro termo, os concellos que cohabitan na ría (Outes, Noia, Muros e Porto do Son).

Dende a imparcialidade ofreceremos novas elaboradas tanto dende a Editorial así coma as que poidamos recibir por parte de lectores, colaboradores ou notas de prensa que nos sexan remitidas.

Somos un proxecto aberto e dialogante, polo que se tes algo que aportar, ofrecer ou comentar; non teñas dúbida en facelo.

1 thought on “Nace o “Xornal da Estrela”

Deixa una resposta a Falta Lousame! Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *