Volven as charlas de información Socio-Sanitaria en Outes

Coordinadas polo Doutor Xosé María Dios Diz, as xornadas de información socio-sanitarias celebran a partir deste xoves a súa XIII edición.

A primeira charla será impartida por Irene Zarra Ferro, xefa do servizo de farmacia do CHUS. Falará sobre o uso racional dos medicamentos. No acto de inauguración está previsto que tamén participe Begoña Cobas, subdirectora de procesos sen ingresos da Estrutura Organizativa de Xestión integrada (EOXI) de Compostela.

As xornadas daran comezo o xoves, 25 de Outubro, ás 18:00 no Centro social da Serra de Outes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *