A oposición de Muros critica que o goberno local deba 50000€ en servizos de atención a dependentes

No pleno deste xoves o único punto do día foi a proposta para a modificación de crédito do executivo para pagar os 50000 euros adebedados coa empresa que xestiona o servizo de atención a dependentes. A proposta foi aprobada cos votos a favor de CxG e BNG e a abstención do PP e PSOE.

Todas as organizacións da oposición coinciden en que non é lóxico que despois de tres anos de goberno o concello se manteña se orzamentos de seu. O BNG resalta que a orixe de todos os problemas dos últimos anos no concello se deben á carencia dos mesmos. O PSOE preguntouse por que se leva esta modificación e non a dos soldos dos órganos políticos e o PP critica a lista de espera, que din, é maior a 20 persoas.

Pleno de Muros do 25 de Outubro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *