Noia contará cunha pasarela cuberta para peatóns en San Lázaro

Finalmente Patrimonio ven de aprobar as últimas modifiacións no proxecto que faran posíbel contar cunha pasarela que una a vila vella con San Lázaro.

Este proxecto leva meses rondando os diferentes departamentos precisos para a súa aprobación. Tras recibir inicialmente unha denegación por parte de patrimonio ven de recibir a súa aprobación.

Ademais de engadir unha pasarela cuberta para peóns na ponte de San Lázaro tamén se pretende mellorar a intersección coa rúa do Escultor Ferreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *